Inicio

 A serra

 O serradoiro foi convertido en restaurante na rehabilitación do Conxunto Etnográfico. Na sala da serra podemos observar o mecanismo principal, se ben a mesa da serra ou carro foi axustado en dimensións, xa que  orixinalmente ocupaba unha gran parte da sala.

A serra é unha prancha de ferro dentada enganchada á manivela no “inferno”, facendo de biela no movemento. É un elemento fixo que se move cun vaivén adiante e atrás para facilitar o corte. A mesa da serra ou carro era o elemento móbil, movéndose cara a diante no proceso de corte e cara aos lados na regulación do grosor das táboas, a través dunhas guías ancoradas no piso.

O tronco enteiro era fixado á mesa cunhas tenaces de ferro.

 

O mecanismo da serra

No “inferno”, a zona do aserradoiro baixo o chan, está o mecanismo da serra, baseado no movemento biela-manivela.

O  rodicio da serra acciónase cando é aberta a comporta do banzado pequeno que está entre os edificios do mazo e da serra. No extremo oposto do eixe hai unha roda (manivela) que recolle o movemento do eixe. A serra (biela) está colocada verticalmente, asomando na mesa do serradoiro, e unida á manivela nun punto, o que provoca que a serra suba e baixe cun movemento de vaivén que facilita o corte.

 

 

            Deputación Provincial de Lugo
Servicio de Medio Ambiente
Fogar de Santa María - Ronda da Muralla 140, 27002 Lugo
Tel. +34 982 22 78 12
und.medioambiente@deputacionlugo.org