Inicio

A contorna

O Conxunto Etnográfico do Mazo de Santa Comba está na beira dereita do Río Chamoso, na parroquia de San Pedro de Santa Comba, no concello de Lugo. Cruzada a ponte, pisamos o concello de O Corgo.

Estes concellos están integrado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, territorio protexido pola súa biodiversidade ligada ó entendemento entre a humanidade e a natureza.

Os cursos fluviais son os elementos que determinan a paisaxe e variedade de especies de flora e fauna, algunhas endémicas da Reserva. Bosques de ribeira poboados de ameneiros e bidueiras, nacendo mesmo no propio leito do río Chamoso, linde rodean o Mazo de Santa Comba.

Nas ladeiras dos montes, entre praderías de pasto, carballos e castiñeiros son as árbores máis abundantes. Silveiras e matorrais de toxos que lucen fermosas frores e proporcionan sabrosos froitos, servindo ademais como refuxio á fauna silvestre que habita o bosque: raposos, corzos, xabaríns.... dos que poderemos coñecer a súa presenza observando os seus rastros.

E poñendo atención ao son, poderemos ver numerosas especies de aves: lavandeiras, paporrubios, ratoneiros...

Para coñecer máis entra na páxina oficial da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

            Deputación Provincial de Lugo
Servicio de Medio Ambiente
Fogar de Santa María - Ronda da Muralla 140, 27002 Lugo
Tel. +34 982 22 78 12
und.medioambiente@deputacionlugo.org